Conflicto laboral

Acordo nos Museos Científicos para retirar o ERTE e desconvocar a folga

Tres días antes do comezo dos paros dos traballadores dos museos científicos coruñeses, o Concello e a empresa que xestiona o servizo acordaron una prórroga do contrato que expiraba o día 15 de abril.

Acordo nos Museos Científicos para retirar o ERTE e desconvocar a folga
domus
domus

O Concello da Coruña anunciou onte o acordo de renovación do contrato coa empresa que xestiona a atención ao público dos Museos Científicos. Na xuntanza tamén estivo presente unha representante do cadro de persoal, polo que segundo informa o goberno municipal, o acordo permitirá a desconvocar a folga presentada polo persoal que presta este servizo para os días 8,9 13 e 14 deste mes.

A decisión permitirá garantir a continuidade destes servizos unha vez remate o contrato, o vindeiro día 14. “Deste xeito, a empresa comprométese a manter o servizo e, así mesmo, a estabilidade no emprego de todos os traballadores e traballadoras adscritos ao mesmo nas súas condicións actuais durante o tempo necesario para a preparación, adxudicación e formalización dun contrato ponte, de próxima licitación, e a retirar de forma inmediata o ERTE presentado, unha vez se inicie o expediente de contratación por parte da Xunta de Goberno local, esta mesma semana”, sinalou o comunicado do goberno municipal.

As traballadoras e os traballadores dos museos científicos municipais tiñan convocada unha folga para defender os seus empregos e o mantemento da actividade na Casa das Ciencias, a Casa dos Peixes e a Casa do Home (Domus).

A empresa SAMYL rematara a concesión hai tres anos e dende entón o Concello da Coruña instou a empresa a continuar co servizo, xa que os concursos licitados nestes anos quedaron desertos ao non concorrer ningunha empresa. Os sindicatos denunciaron que isto sucedía porque a cantidade económica establecida non chegaba para cubrir as prestacións que se solicitaban no prego.


 

Acordo nos Museos Científicos para retirar o ERTE e desconvocar a folga