Sanidade pública
Contestación á proposta do Clúster coruñés de Sanidade
O posible pacto entre Marea Atlántica e PSOE para a aprobación do orzamento municipal puxo sobre a mesa un acordo de creación dun Clúster da Sanidade local. A Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública rexeita a posibilidade de financiar públicamente este tipo de asociación de empresas.
"Un Cluster dá Sanidade é unha alianza de empresas privadas nas que os servizos sanitarios forman parte dá súa área de negocio" sinala Ramón Veras Castro, en representación da Asociación. "Pero o que pode ser comprensible para o sector forestal o da locomoción ou doutras áreas non o é para o sector saúde". Argumenta que "calquera investimento público que se faga nun Cluster da sanidade favorecerá o crecemento da privada en detrimento da pública. Empregarase para buscar mellores estratexias empresariais, para edulcorar e promocionar a sanidade privada, traendo supostos expertos e fomentando investigacións que encomien a xestión privada dá sanidade".
Cuestiona a lexitimidade de investir fondos públicos no Cluster xa que "Isto non vai facer que haxa máis médicos na sanidade pública nin menos listas de espera nin máis e meior tecnoloxía pública". Diferente sería que a creación do mesmo fose autofinanciada polas empresas que o formen.
Finaliza o comunicado pedíndolle aos grupos municipais de PSOE e Marea Atlántica que "eliminen do seu posible acordo ou financiamento do Cluster dá Sanidade na Coruña".