Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
Actuación do Duo Vaguedades
- Duración 70 minutos
- Actor e actriz: Fran Rei e Isabel Risco
- Equipo técnico: Abrahán Sande e Alberte Bello
- É necesario inscribirse no Correo-e: [email protected]
- Organiza: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros
DÚO VAGUEDADES
Sabemos que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal son poetas fundamentais do Rexurdimento,mais pouca xente sabe que, a mediados do século XIX, formaron o Dúo Vaguedades, que acadou grande éxito nas festas, foliadas e romarías do país e que está considerada a primeira banda techno da historia. Asemade, na obra deste dúo tamén teñen cabida outros ritmos, e podemos distinguir doadamente aires latinos, melodías pop e fusións con rap, hip hop, trap e mesmo reggaetón. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade paralela de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mais o achado dunhas gravacións inéditas no soto do Museo do Pobo Galego sacan por fin á luzeste fito imprescindible da nosa cultura.
Isabel Risco e Fran Rei preséntannos, ademais de divertidas cancións, unha sorte de compendio sobre a galeguidade, con aloucados diálogos cómicos sobre a retranca, a universalidade da nosa lingua, como ligar en galego ou, mesmo, a importancia dos ferrados e os marcos. O Dúo Vaguedades é humor e música para reivindicármonos.