Marea Atlántica | nota de prensa
Ana Miranda: “O encontro entre Ana Pontón e Elisa Loncon amosa a clara aposta internacionalista do BNG”
Compostela, 21 de xaneiro de 2022.- O Museo do Pobo Galego acolle mañá, ás 12 horas, un acto organizado pola Fundación Galiza Sempre, no que baixo o título “A plurinacionalidade chilena en construción”, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a presidenta da Comisión Constitucional de Chile, Elisa Loncon, xunto a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG e vicepresidenta da Fundación, Ana Miranda, farán sobre o dereito de libre autodeterminación, a defensa das linguas propias, a loita pola igualdade e a plurinacionalidade.
“Este encontro entre Ana Pontón e Elisa Loncon amosa a decidida aposta internacionalista do BNG”, subliña Ana Miranda, quen explica que este encontro realizase nun momento crucial para Chile tras a vitoria electoral do presidente Gabriel Boric e que busca superar a constitución pinochetista, en tanto que Loncon é a presidenta saínte da Convención Constitucional. “O nacionalismo galego ten unha clara vocación internacionalista e neste caso amósase co encontro entre entre dúas mulleres loitadoras e comprometidas cos dereitos dos seus pobos”, salienta.
Elisa Loncon, política e académica mapuche, lingüista e activista na defensa dos pobos indíxenas, é unha das mulleres máis influentes do mundo en 2021, segundo as listaxes elaboradas pola revista Time, o Financial Times e a BBC.