Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
Charlas de divulgación científica "Para Saber +"
A Biblioteca Fórum Metropolitano organiza o ciclo de charlas de divulgación científica Para Saber +.
22 mar 2022
Este programa está coordinado xunto á profesora Ana González Tizón e xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d.
Este grupo vén desenvolvendo unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.
O programa nace con vocación de permanencia e terá lugar o último luns de cada mes ás 19h. na Biblioteca Fórum. O acceso ás charlas será libre até completar capacidade.
A programación na primavera será
- 28 de marzo: Bosques ou plantacións? A perda de biodiversidade en Galicia. A cargo de Carlos Alcalde Azpiazu e Juan Pinto Lojo
- 25 de abril: A ciencia detrás do vandalismo urbano. A cargo de Dimas López Martínez e Elba Iglesias Cambón
- 30 de maio: Enfermidades ambientais. A cargo de Ana M. González Tizón e Icía Lista Pombo