Oleiros

Chega a Oleiros a XXXIII Feira do Mel

 O vindeiro domingo 6 de novembro, en horario de 10.00 a 15.00 horas, celebrarase a XXXIII edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República.

Chega a Oleiros a XXXIII Feira do Mel
Feira do mel
Feira do mel

Una selección dos mellores apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. As persoas que se acheguen a esta feira poderán coñecer e adquirir, nos 36 postos que se van instalar, todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel,

desde os máis tradicionais ata produtos de beleza e coidado corporal. Ademais, ás 12:00 horas actuará aBanda da Escola Municipal de Música de Oleiros.

Con esta feira, única en toda Galicia, o Concello de Oleiros pretende apoiar a un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.

 

 

Chega a Oleiros a XXXIII Feira do Mel