Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
Conversas defendendo o noso patrimonio cultural
A parroquia de Santa María de Oza —orixe do barrio dos Castros e Gaiteira— era un espazo eminentemente agrario e pesqueiro ata a súa integración no municipio da Coruña.
25 nov 2021
Esta lonxanía dos centros de decisión política e comercial alonxouno tamén dos focos do rexistro histórico polo que dende a Asociación Veciñal queremos colaborar coa creación dese relato histórico.
Defendendo o noso é un proxecto da Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros. A súa realización vai ser posible posible grazas á colaboración da veciñanza e o apoio da Concellería de Participación .
Dentro do proxecto vamos realizar unhas conversas o dia 29 no Forum Metropolitano as 19 horas baixo a denominación Conversas defendendo o noso patrimonio cultural .
- A Conversa estará moderada polo membro da AA. VV. e xornalista Pepe Lorenzo.
- Ponentes: Antón Luaces, Xosé Alfeirán e Xulio Ferreiro