Renda básica
Conversas sobre renda básica: Beiras e Raventós
Este será un faladoiro entre Xosé Manuel Beiras e Daniel Raventós no que tratarán temas como o republicanismo, fundamentación filosófica da Renda Básica, así como o papel da Renda Básica na sociedade actual.
- Data: 16 de outubro de 2019
- Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña
- Hora: 19:00
- Entrada de balde ate completar aforo.
- Xosé Manuel Beiras
Catedrático de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador e portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. Foi deputado no Parlamento de Galicia en diferentes lexislaturas. É un prolífico escritor, exacadémico numerario da Real Academia Galega.
- Daniel Raventós
Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da Universidade de Barcelona. Centrou a investigación no republicanismo e a fundamentación normativa e técnica da Renda Básica. Foi conferenciante en distintas universidades europeas e americanas. É editor da revista política internacional SinPermiso e presidente da Red Renta Básica, sección oficial da Basic Income Earth Network.
Modera: Mariló Candedo, profesora de Universidade da Coruña.