Galiza Nova | nota de prensa

Galiza Nova presentou onte en Vigo unha campaña das Letras Galegas onde a protagonista é a emigración

Este mércores 4 de maio pola mañá, Galiza Nova presentou diante da Estación Marítima de Vigo a súa nova campaña nacional "Letras na Galiza. A emigración trunca a nosa cultura".
Galiza Nova presentou onte en Vigo unha campaña das Letras Galegas onde a protagonista é a emigración
GZ NOVA 4
GZ NOVA 4
Cartaz1-A3
Cartaz1-A3

Foi mediante unha rolda de prensa, convocando diferentes medios, e realizando unha acción de presentación do lema e a imaxe, aproveitando o símbolismo do lugar desde onde partiron milleiros de galegos hai un século. 

Cartaz2-A3
Cartaz2-A3

Élia Lago, responsábel de Lingua e Cultura de Galiza Nova, xustificou este enfoque destacando que "tanto Florencio Delgado como outras mozas onte e hoxe víronse obrigadas a marchar fóra por non poder desenvolver a súa vida aquí, deixando parados proxectos que dan vida á cultura e ao asociacionismo no país". A intención da campaña é, segundo dixo Lago, "chamar a reflexionar sobre as condicións e expectativas da nosa xeración e como estas inflúen non só na demografía e na economía senón tamén no noso desenvolvemento cultural e comunitario na Galiza". Para ese propósito, estarán realizando unha campaña axitativa na rúa e nas redes sociais nas vindeiras semanas, culminando a mesma na manifestación nacional pola lingua que organiza cada 17 de maio a plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela

Cartaz3-A3
Cartaz3-A3
As militantes da organización xuvenil que participaron na presentación desta mañá deron a coñecer o cartel que dá inicio á campaña e avanzaron que realizarán un acto nacional o sábado 14 de maio ás 12:00 en Vilaboa, contando con escritoras, profesorado e mocidade e para ligar a problemática da emigración coa figura do Delgado Gurriagán, un exemplo dos varios homenaxeados que continuaron desenvolvendo cultura galega aínda fóra das nosas fronteiras.

Galiza Nova presentou onte en Vigo unha campaña das Letras Galegas onde a protagonista é a emigración