modepen | nota de prensa
MODEPEN convoca a defender nuestros derechos
As pensións públicas non son un gasto, nin un privilexio, son un dereito das persoas.
Comenzamos o ano 2022 sendo un 3% máis pobres, pois o incremento do IPC Real foi do 5% e o IPC Medio (a suba das pensións) foi de 2,5%.
As previsións para o ano 2023 non son mellores. Nas últimas declaracións o ministro Escribá anunciou que a suba das pensións para o ano 2023 será do 8% cando no mes de xullo, debido a suba dos precios dos alimentos e da electricidade, o IPC interanual xa foi do 10,8%.
Se temos en conta que a metade das/os pensionistas de Galicia sobrevive con menos de 780€ ao mes, das cales o 10% (37.000 persoas) non chegan a 500€, e que as contías recibidas polas mulleres son un 32% inferiores ás dos hombes, entenderemos que a vida non nos vai ser doada.
Ante esta situación MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensións e Servicios Sociais Públicos) saímos á rúa e facemos un chamamento a tódala cidadanía para defender unhas pensións públicas e unhas condicións de traballo dignas.
ESIXIMOS ao goberno e aos partidos políticos con representación no parlamento español que traballen para:
- garantir que non exista ningunha pensión por debaixo do limiar da pobreza.
- garantir por lei a suba das pensións e salarios acordes ao IPC Real e non co chamado IPC Medio (a media dos IPC dos 12 meses do ano) pois esto supón rebaixar as pensións e reducir o poder adquisitivo dos pensionistas
- eliminar a fenda de xénero nas pensións e nos salarios
- eliminar os plans de pensións de empresa, pois son o inicio da privatización das pensións
Goberne quen goberne, as pensións deféndense.
O 15 de outubro, manifestación en Madrid pola defensa dos nosos dereitos:
- pola suba de pensións e salarios co IPC Real
- para acabar coa fenda de xénero
- para esixir unha auditoría pública da Seguridade Social xa
- para evitar máis recortes e privatizacións do público
Se queres participar nesta manifestación e queres ir con nós en autobús dende A Coruña, chamo ao 647 186 010.