Iniciativa Cidadá en Defensa das Linguas Minoritarias

Ana Miranda fai un chamamento a asinar o manifesto en defensa dos dereitos das linguas minoritarias en Europa

Fai un chamamento para que en Galiza se apoie o manifesto proposto dispoñible na web http://www.minority-safepack.eu/ co obxectivo de reforzar a pluralidade cultural e lingüística da Unión Europea.

Ana Miranda fai un chamamento a asinar o manifesto en defensa dos dereitos das linguas minoritarias en Europa
Ana Miranda iniciativa linguas
Ana Miranda iniciativa linguas

Ana Miranda subliña que para Galiza ten unha gran importancia que a Unión Europea adopte medidas xurídicas para mellorar a protección das persoas pertencentes ás minorías culturais e lingüísticas que inclúan iniciativas relacionadas coa administración pública, a educación, a sanidade, a xustiza e a cultura. Na súa intervención citou como exemplo os casos acontecidos en diversas ocasións nos que persoas maiores non son atendidas por persoal sanitario alegando que non entenden o galego. Ou o caso acontecido recentemente en Lugo, e denunciado polo Bloque, no que dúas persoas funcionarias negáronse a atender a persoas galegofalantes.

Esta proposta Minority Safepack en defensa das minorías culturais e lingüísticas foi rexistrada o 3 de abril do pasado ano, polo que remata o vindeiro 3 de abril. Polo momento leva recollidas case 900.000 sinaturas do millón que debe acadar para ser tida en conta. Unha vez que a proposta consiga o número mínimo de firmas necesarias, a Comisión Europea dispón de tres meses para convocar aos organizadores e aprobar as medidas que considere oportuno poñer en marcha en resposta á iniciativa cidadá.

Traballo en comisión

A eurodeputada do Bloque vai ser membro titular da Comisión de Peticións. Isto é, a comisión das denuncias na que o BNG levou o saneamento das Rías, a problemática das preferentes, dos emigrantes retornados, da mina de Corcoesto, do abuso bancario coa afectados polas hipotecas e a dación en pagamento, e do accidente do Alvia, entre outras iniciativas.

Así mesmo Ana Miranda vai ser membro substituta nas Comisións de Pesca, de Asuntos Económicos e Financeiros e na Comisión Xurídica. O BNG vai ser tamén membro das Delegacións de Mercosur e da Asemblea Interparlamentar Unión Europea – Parlamentos
Latinoamericanos, así como da delegación de América do Norte.

Ana Miranda fai un chamamento a asinar o manifesto en defensa dos dereitos das linguas minoritarias en Europa