Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC
Que vai pasar coa ampliación do CHUAC?
A Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC e a Asociación veciñal de Eirís “Uxío Carré, convocan unha mesa redonda o mércores 27 de outubro ás 19:30h no Círculo de Artesáns na rúa San Andrés nº 36 sobre o tema Que vai pasar coa ampliación do CHUAC?
26 oct 2021
Participarán:
- María Concepción Carreiro Otero. Doutora en Arquitectura. Profesora da ETS de Arquitectura da UDC e Vicepresidenta de AMIT-Gal (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia)
- Iago Carro. Ergosfera. Arquitecto
- María Jesús Seijo García. Presidenta Xunta de Persoal da área Sanitaria da Coruña-Cee (SERGAS)
- Ramón Veras. Médico e Voceiro de SOS Sanidade Pública
- Persoal de ambulancias do CHUAC.
Organizan:
- Plataforma de afectadas do CHUAC @AfectadasCHUAC
- Asociación veciñal de Eirís “Uxío Carré” @ocampodafresa
Aforo limitado, confirmar asistencia enviando un correo a [email protected]