AXENDA CULTURAL
“Meu avó rei das pequenas cousas”, de João Manuel Ribeiro
Hércules de Ediciones presenta o libro o 1 de agosto na Feria do Libro da Coruña
Onde
Feria do Libro, Xardíns de Méndez Núñez, na carpa de Actividades. A Coruña
Cando
Martes, 1 de agosto
Horario
18.00 horas
Intervirá
- João Manuel Ribeiro
- A continuación o autor asinará exemplares na caseta de Secretaría da Feira
Información
Organiza: Hércules de Ediciones
Presentación na Coruña de “Meu avó, rei das pequenas cousas”, tradución dunha exitosa obra infantil portuguesa
- A obra é un precioso canto á especial relación dun avó e o seu neto
- A presentación terá lugar o martes 1 de agosto na Feira do Libro da Coruña
Hércules de Ediciones vén de publicar os libros Meu avó, rei das pequenas cousas e Mi abuelo, rey de las pequeñas cosas; edicións en galego e castelán dunha obra publicada orixinalmente en portugués, do autor João Manuel Ribeiro.
Tras o seu éxito no país veciño, a editorial coruñesa lanza estas traducións –ambas de Ánxela Gracián—, que serán presentadas o martes 1 de agosto ás 18:00 horas na Feira do Libro da Coruña. No acto, o autor do texto —que viaxa desde Porto para asistir ao acto— estará acompañado polo escritor e crítico literario Armando Requeixo e pola editora do libro, Laura Rodríguez.
O libro —que narra a fermosa relación entre un neno e o seu avó— é ademais un canto á sinxeleza e á felicidade que nos dan as cousas máis pequenas: “É un reino de cousas pequenas e de pequenas cousas, pero, onde cabe todo o que é preciso para ser feliz e do que se fai a vida. No meu reino hai unha raíña, unha casa, algúns animais, unha horta, unha veiga e un río... e amor para sazonar todas as cousas. Amor ás cousas sinxelas e pequenas. E todo canto abonda!”.
O autor, João Manuel Ribeiro, leva anos de intensa e plural actividade editorial, repartida entre a investigación —sobre libros, lectura e literatura—, a edición e a escritura. Na súa faceta de editor traballou con nomes tan sinalados como João Pedro Mésseder, Vergílio Alberto Vieira, Maria da Conceição Vicente ou Adélia Carvalho, por citar só algúns exemplos. Aos autores referidos vén sumando tamén un conxunto de títulos da súa propia autoría, tanto en forma poética coma en prosa.
Meu avó, rei das pequenas cousas / Mi abuelo, rey de las pequeñas cosas presentarase na Coruña o 1 de agosto ás 18:00 horas na carpa de actividades da Feira do Libro. A entrada é libre ata completar aforo. A continuación o autor asinará exemplares na
caseta de secretaría da Feira.
Máis información:
http://www.herculesediciones.com/gl/libro/meu-avo- rei-das- pequenas-cousas/
Hércules de Ediciones:
Hércules de Ediciones [www.herculesediciones.com] é a principal das tres empresas editoriais e unha fundación cultural que conforman o Grupo Hércules Global. A empresa nace na Coruña en 1985 coa pretensión de impulsar a cultura galega a través das grandes obras de divulgación desde o rigor e a calidade.
Xa en pleno século XXI, Hércules se plantea novos retos e amplía o seu radio de acción a todo o mercado nacional a través de dúas vertentes editoriais: por un lado, o “libro-obxecto” de gran formato, cunha esmerada parte gráfica e coidadísimas edicións. Por outro, a edición de libros de temas de actualidade e a literatura infantil e xuvenil.