Libros

Cheikh Fayé nas Conchiñas este xoves

SER MODOU MODOU nas voces da veciñanza e do autor, o día 20 na praza do mundo (e, se chove, na Asociación Veciñal en Entrepenas).

Cheikh Fayé nas Conchiñas este xoves
Agra do Orzan 20
Cartel da presentación nas Conchiñas.

A cita é este xoves, 20 de xullo, ás 20.00 horas na Praza das Conchiñas (e, se chove, no local da AAVV Agra do Orzán, na rúa Entrepeñas, 38).

O evento consiste na presentación no barrio de SER MODOU MODOU, unha escolma de relatos e reflexións de Cheikh Fayé, un inmigrante senegalés afincado na Agra do Orzán desde hai catorce anos, que se dedica á venda ambulante e que hai dous anos comezou a escribir un blogue.

A semana pasada o acto de presentación na A.C. Alexandre Bóveda deixou pequeno o local da Agrupación na rúa Olmos. Desta volta haberá sitio dabondo: a praza do mundo, como gusta de chamala o propio Cheikh: ver aquí.

O evento conta coa colaboración do Foro Galego da Inmigración, SOS Racismo Galicia, Viraventos e Ecos do Sur. Os asistentes están convidados a unha lectura pública de textos do libro. Ademais do autor, intervirán na presentación representantes das ONGs e o profesor da UDC, Xosé Manuel Carril, amigo persoal de Cheikh é persoa clave na publicación do libro.

SER MODOU MODOU xa está dispoñible nas librarías do barrio (a Livraria Suévia mesmo o exhibe nun lugar ben visible do escaparate). Tamén se pode adquirir na tenda on line da editorial (a ASPG): nesta ligazón na que ademais pódese ler o prólogo de María Xosé Bravo. 

Cheikh para EntreNos


 

Cheikh Fayé nas Conchiñas este xoves