ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES | NOTA DE PRENSA

Un novo intento de usurpar os montes comunais

A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle a veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais para entregarlla de balde a terceiros.

Un novo intento de usurpar os montes comunais
orgaccmm
orgaccmm

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022.

Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado pra que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote. Esta declaración de monte veciñal abandoado  pode basearse en cuestións meramente burocráticas como pode ser o non envío en tempo do listado da veciñanza comuneira.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperar a xestión do seu monte veciñal ate pasado ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestinan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

Un novo intento de usurpar os montes comunais