Acampa pola paz e o dereito a refuxio
A cidade de Piraciba acolle por terceiro ano consecutivo o Encontro Internacional Acampa Brasil
A Coruña, 30 de setembro de 2024.- Terceira edición. A rede Acampa Brasil, coordinada pola profesora universitaria Célia R. Rossi, inaugurará mañá, 1 de outubro, un novo Encontro Internacional Acampa pola Paz na cidade de Piracicaba, nesta ocasión centrado nas “Infancias e Mocidades refuxiadas”. De novo será o SESC a entidade que acollerá toda a actividade da rede Acampa, un programa que inclúe mostras fotográficas de destacados fotoperiodistas humanitarios, charlas e actividades lúdico-reflexivas para que o público poida achegarse á realidade en que neste momento áchanse millóns de nenos e mozos no mundo, seres humanos que camiñan á procúra de refuxio fuxindo de guerras, fames negras, secas, desastres naturais…
Cinco son as mostras fotográficas que ocuparán o parque e os accesos ao comedor do SESC: “O meu dereito para vivir”, sobre o xenocidio que Israel está a perpetrar en Gaza, do fotógrafo gazatí Majdi Fathi, “Educación secuestrada: Ucraína”, sobre os miles de nenos e nenas que se quedaron sen o dereito para ir ao colexio desde que comezou a invasión rusa, de Diego Ibarra, “Mais forte que o estigma”, sobre a discapacidade infantil en Guinea Bissau, obra de Marta Moreiras, “Infancia suspendida”, sobre Afganistán baixo o réxime talibano, de Rodrigo Abd e “Algún día fareino”, sobre os soños de moitos deses nenos e nenas en países e situacións vulnerables, do francés Vincent Tremeau. As fotografías permanecerán no SESC ata o 31 de outubro.
Debate central do III Encontro Internacional Acampa Brasil
O día 3, ás 19.30 horas, terá lugar no Teatro do SESC un debate sobre “As infancias e mocidades refuxiadas en Brasil e no mundo: perspectivas e realidades”. O acto abrirá coa actuación do pianista J.J. Ortiz, refuxiado venezolano. Tras esta e a presentación do propio Encontro pola súa coordinadora, a profesora Celia R. Rossi, falarán Danielle do Amaral, de CONARE-CAMPINAS, Viviane Reis, da ong IKMR “Coñezo os meus dereitos”, de Sao Paulo, Grabriela Rauseo García, en nome da Escola Municipal de SP-Espazo de Bitita, e o sirio Anas Obaid, de Punto Cero do Refuxio, tamén de Sao Paulo. A charla estará moderada polo profesor César Donizetti Pereira Leite, da Universidade UNESP.
Xornadas lúdico-reflexivas
O venres e o sábado a oferta é moi lúdica e pensada para todas as idades. Tanto o venres, entres as dúas e as seis e media da tarde, como o sábado, entre as dez e as catro da tarde, os máis pequenos poderán aprender a que se xoga polo mundo. Trátase dunha instalación para que descubran os xogos tradicionais de distintos puntos do planeta. Farano da man de Sylvie Mutiene, da República Democrática do Congo, de Arin Ao Asmi, de Siria, e de Juanito, de Colombia.
O venres, tamén, ás 19.30 horas, no comedor do SESC terá lugar o show “Os elixidos”. Esta actuación, de balde como todo o demáis, permitirá gozar da arte dun grupo de mozos inmigrantes congoleños fundado por Leonardo Matumona que cantan a capela achegando a música do seu país ata Brasil.
O sábado, na Sala de Expresión Corporal do SESC chegaralle a quenda a C'ayu Tze , de Identidade Colectiva Libre, unha actriz refuxiada colombiana que compartirá a lectura de varios contos populares orixinarios de Colombia, Bolivia e Venezuela recollidos no libro “Viaxe polas historias de América Latina” de Silvana Salerno.