Os Mallos

A Guerrilla dos Mallos reparte craveis por San Xoán

Os comerciantes do barrio repartirán craveis para lembrar as luminarias de San Xoán que, por mor da Covid-19, non se poderán prender nas praias da cidade.

A Guerrilla dos Mallos reparte craveis por San Xoán
IMG-20200623-WA0003
Craveis por San Xoan

Con motivo da pandemia causada polo coroavirus, este ano, Coruña queda orfa dunha das súas festas máis características e que recibe o verán, as luminarias de San Xoán.

Ca idea de alegrar á xente, o colectivo comercial Guerrilla dos  Mallos repartirá en varias decenas das súas tendas preto dun millar de craveis como metáfora das luminarias que non se prenderán na noite máis máxica do ano.

Seguindo a filosofía de Guerrilla dos Mallos, tódolos craveis compraranse nas floristerías do barrio. Os comerciantes decidiron non centralizalo nunha soa para que a iniciativa naza e chegue da forma máis ampla ó maior número de comercios.

Esta iniciativa sucede e segue a mesma liña que a establecida no vídeo que recentemente realizaron titulado O lado bo.

Cabe destacar que, tanto o vídeo como este reparto de craveis, organízanse telemáticamente, sen reunión persoal mediante, o que pon en valor o esforzo dos comerciantes, cuxos horarios dificultan iniciativas deste tipo que, inda así, conseguen sacar adiante en pro da dinamización do barrio e para reivindicar a importancia do comercio local.

A Guerrilla dos Mallos reparte craveis por San Xoán