Pódese votar ata o día 24 de setembro
Orzamentos participativos: propostas para Os Mallos
Tres millóns de euros do orzamento municipal decídense por votación popular. Tras a fase de recollida de propostas e información, a de apoios e a de avaliación, estamos na de votación final. Agora podes decidir co teu voto. Estas son as propostas para Os Mallos.
HUMANIZACIÓN RÚA RIBADAVIA
Trátase dunha rúa na que a mellora do seu pavimento é moi necesaria tanto peonil como, cunha maior urxencia, da calzada.
Proponse ampliar esta actuación, levando a cabo tarefas de humanización da rúa: renovación de luminarias, instalación de arborado e mobiliario urbano, etc.
Podería ser moi interesante seguir o exemplo do feito en Orillamar.
Senda peatonal entre a Falperra e Ronda de Nelle
É unha vella reclamación do barrio: crear a baixada desde este solar que está abandonado e que na actualidade é máis ben un autentico vertedeo.
XARDINS VERTICAIS BAIXO OS VIADUCTOS DE ALFONSO MOLINA NA ENTRADA DA CIDADE
Estase constatando a proliferación de valos publicitarios nas rúas da cidade, proponse reducir a súa presenza nesta zona e sustituilos por xardíns verticais nas zonas nas que isto sexa posible, no cruzamento con Linares Rivas e Primo de Rivera, Juan Flórez, etc.
Conseguirase unha doble función mellorar as condicións medioambientais desa zona e reducir o impacto visual dos valos no tráfico.
Reverdecer el barrio de Los Mallos
El barrio de Los Mallos es un amasijo de cemento que le vendría muy bien muchos más árboles y zonas verdes.Por salud, bienestar psicológico, contaminación...es fundamental reverdecer este gran barrio.
SUPERMAZÁ OS MALLOS
Comezar a desenrolar o plan de mobilidade con unha supermazá delimitada polas Rondas de Nelle e Outeiro e as Avdas de Arteixo e Os Mallos. Deixando soamente a rúa Sofía Casanova para aparcamento de residentes.
Trátase dunha zona pouco transitada debido á ser unha das poucas áreas que conservan un urbanismo de vivenda unifamiliar.
Podería tratarse dunha boa oportunidade de comezar a estudiar estes novos modos de mobilidade na nosa cidade.
Podería comezarse con una actuación moi branda, como pode ser a restrición do tráfico e continuar ampliando con medidas de humanización das rúas interiores.
PARADA BICICORUÑA NO MERCADO MUNICIPAL DE RAMÓN CABANILLAS
Trala instalación dun ascensor na zona, seguir con medidas encamiñadas á dinamización deste descoñecido Mercado Municipal, central nos barrios de Sagrada Familia e Os Mallos.
Propónse a instalación dunha parada de Bicicoruña nese punto.
BICICORUÑA EN CUATRO CAMINOS
Cuatro Caminos es el punto donde se cruzan más líneas de autobús, además de una zona con alta densidad de población. Una parada bajo el viaducto de ALfonso Molina daría servicio directo a todos los residentes del entorno, incluyendo la parte baja de Ronda de Nelle y el entorno de San Pedro de Mezonzo.
Además se descongestionarían los aparcamientos de la fábrica de tabacos, donde suele haber problemas de disponibilidad.
Prantación de 70 arboles no Paseo que vai dende Parque de S. Diego a Casablanca.
Coa idea de ir conformando o corredor verde diseñado no PXOM nesta zona, así como suavizar o muro lateral que ten iste paseo, actuación facilitada pola existencia dunha franxa verde que discurre todo ao largo do mesmo.
Plantación de 15 arboles aceira Av Exército entre Casa do Mar e Tabacos (N.Xuz)
Co ouxetivo de rematar a ringleira de arbres que percorre toda esta fachada de entrada a Cidade.
PEONALIZACIÓN RÚA RAMÓN CABANILLAS
Proposta de peonalización da rúa Ramón Cabanillas.
Podes votar en aportaaberta.coruna.es