Servizos sociais

Concello e Deputación acordan destinar 226.000 euros ao servizo de canguraxe

A nova licitación incorpora o un espazo de atención en Palavea e aumentan as horas de atención.

Concello e Deputación acordan destinar 226.000 euros ao servizo de canguraxe
Rocío Fraga e Ánxela Franco este venres
Rocío Fraga e Ánxela Franco este venres.

Increméntase o gasto e aumentan as horas do servizo de canguraxe nos próximos meses segundo un acordo asinado entre o Concello da Coruña e a Deputación provincial que prevé investir 226.000 euros. Ademais, haberá cambios na concesión e coa nova licitación (a anterior era de 2014) o número de horas do servizo pasa das 6.881 a 7.886. No Espazo de Atención do Castrillón, por exemplo, o servizo en período lectivo amplíase de luns a venres; e en Novo Mesoiro gañará unha hora ao adiantar a apertura. Este centro empezará a abrir tamén en períodos de vacacións e os sábados permanecerá aberto polas mañás até as 15.00 horas (é o único da rede que ofrece este servizo de fin de semana en período lectivo).

Con todo, a principal novidade do contrato que entra en vigor é que haberá un Espazo de Atención en Palavea. O servizo de canguraxe atende a unidades familiares con menores a cargo con necesidades de conciliación dos eidos persoais e laborais e con problemas para poder levalos a cabo.

O acordo foi asinado onte venres pola concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, en representación do Concello, e pola deputada de Benestar Social da Deputación provincial, Ánxela Franco.


 

Concello e Deputación acordan destinar 226.000 euros ao servizo de canguraxe