XENOCIDIO EN GAZA

Folga de Estudantes Xoves 16N e manifestacións ás 12 contra o masacre en Gaza

O que está a ocorrer na Franxa de Gaza é un xenocidio atroz. O Estado sionista,  fascista e colonialista de Israel está a masacrar ó pobo palestino: máis de 8.500  mortos, deles case 3.400 nenos e nenas, milleiros de feridos, centos de milleiros de  desprazados. As bombas israelís, incluída a utilización de fósforo branco, reducen  a cascallos vivendas, hospitais e infraestruturas acotío.  
Folga de Estudantes Xoves 16N e manifestacións ás 12 contra o masacre en Gaza
folga estudantes
folga estudantes

Unha matanza inhumana consentida por tódolos gobernos occidentais, que  outorgaron impunidade completa ó réxime fanático e supremacista de Netanyahu.  É a barbarie. Pero unha barbarie planificada desde Tel Aviv co asesoramento  de Washington e Bruxelas. E logo fálannos de dereitos humanos e legalidade  internacional!  

O imperialismo estadounidense e europeo leva anos armando e protexendo  o Estado de Israel a pesar dos seus crimes. Para os poderosos de Occidente, os  seus intereses económicos e militares están por riba de todo, mesmo por riba do  asasinato de millóns. Eles organizan as guerras e nós poñemos os mortos. 

E aínda por riba, temos que aturar que os seus medios de manipulación nos  digan que Israel ten dereito a se defender. Como? Matando a milleiros de nenos  e nenas, a milleiros de familias inocentes? Que cinismo máis noxento! 

No caso do Estado español, o presidente Pedro Sánchez utiliza palabras máis  bonitas e expón como solución unha conferencia de paz entre Israel e Palestina  para dentro de seis meses. Parece unha brincadeira. Ningunha reunión dentro  de seis meses vai evitar que o pobo palestino siga a ser asasinado hoxe.  

Se o goberno de Pedro Sánchez quere defender de verdade os dereitos humanos,  que condene sen titubeos o xenocidio sionista en Gaza e rompa tódalas relacións  políticas, económicas e militares con Israel. Que deixen de enviar armas e  diñeiro a Netanyahu! Aquí non hai neutralidade posible. Ou se está co pobo  palestino, ou se é cómplice da barbarie sionista.  

O que está a ocorrer en Palestina pasa a milleiros de quilómetros de aquí, pero  nos doe e indigna en primeira persoa. A solidariedade internacionalista co pobo  palestino está a estenderse polo mundo enteiro, unha solidariedade que non  ten nada que ver con apoiar a Hamás ou o integrismo relixioso. Un movemento  no que a mocidade e a clase traballadora estamos a demostrar a nosa forza, este  é precisamente o único camiño para frear o masacre en Palestina.  

Non podemos mirar a outro lado. Por estas razóns, o Sindicato de Estudantes  volvemos convocar folga xeral estudantil o xoves 16 de novembro e  mobilizacións ás 12h en tódalas cidades. Chamamos ós e ás estudantes para  encher as rúas e organizar comités de solidariedade co pobo palestino en cada  instituto e facultade, facer asembleas, pendurar pancartas e carteis, e participar en  tódalas mobilizacións contra este xenocidio. 

Abonda xa de asasinar o pobo palestino! 

A UE e o imperialismo ianqui cómplices. Israel asasina, Europa  patrocina! 

Que o Goberno español deixe de financiar ao réxime de Netanyahu!

Folga de Estudantes Xoves 16N e manifestacións ás 12 contra o masacre en Gaza