Les Coruña | nota de prensa
Habitación Propia cambia de horario para celebrar o orgullo na cidade da Coruña con unha iniciativa onde impulsa a creación e o emprendemento de 10 mulleres
Les Coruña, crea “Habitación Propia” un espazo diverso cun escenario que desplegará dende propostas de moda a creacións fotográficas, arte textil, biocosmética, danza contemporánea no chan, ciencia e a música, todo iso coordinado por Bea Wherever que se encargara da posta en escea dos traballos profesionais e as creacións artísticas das 10 mulleres seleccionadas.
A primeira cita deste verán será o sábado 1 de xullo no Espazo Teu na rúa Orzan 96 na Coruña.
Ás 18:30 será a exposición das artistas cos seus mercadillos e a partir das 22:30 comeza a sesión bailonga con Anniethin DJ que farános bailar desde os clásicos ata o pop contemporáneo pasando polo rock alternativo dos 90 .
- Ariana Fernández con @orixecosmetics.es. Formuladora e dermofarmacéutica elabora cosmética a medida elaborada con activos naturais galegos.
- Mina Xoia @minaxoia3d. Unha marca que respeta a natureza utilizando material biodegradable.
- Desfeita @desfeita__ É un proxecto de moda retrospectiva autoxestionado por Sofía, onde selecciona prendas vintage e repara as que xa no son útiles, dándolles un novo significado.
- Helga e Antía crean LONGA VIDA: unha marca de reciclaxe textil na que sostenibilidade, economía circular e comercio local son os piares. LONGA VIDA @longavidahandmade
- Rosa e Lavanda @rosaylavanda Cosmética e xabóns artesáns, todo con unha gran dose de amor, creatividade e conciencia.
- Lorena Terrón @meucan.es. Creadora da marca Meu Can productos®. Ropa con deseños que fan homenaxe ao amor e o respeto aos amig@s de cans e gatos.
- Eliana Cóndor @eliana.condor. Artista de aro aéreo, deportivo e artístico, con experiencia en ballet clásico e contemporáneo.
- Anniethin DJ @annie.thin apaixoada da música, do audiovisual e da moda; faranos bailar desde os clásicos ata o pop contemporáneo pasando polo rock alternativo dos 90.
Todas as que queirades presentar os vosos traballos profesionais e creacións artísticas para as vindeiras edicións de Habitación Propia enviádenos a vosa información ao correo [email protected] ou ó instagram @beawhereverphotography, Bea Wherever sera á encargada da posta en escea dos 8 traballos profesionais e artísticos seleccionados.
- DÍA e HORA: Sábado 1 de xullo de 18.30 a 3:00h
- LUGAR: Espacio Teu en Rúa Orzán, 96 A Coruña.