BNG | nota de prensa
Néstor Rego reclama en Meirás que o Pazo sexa transferido á administración pública galega e que adicado á recuperación da memoria democrática da Galiza
Néstor Rego reclama en Meirás que o Pazo sexa transferido á administración pública galega e adicado á recuperación da memoria democrática da Galiza
Reclaman o arquivo da causa contra @s 19 de Meirás e rematar con este sin sentido
@s 19 de Meirás realizaron unha visita guiada ao Pazo de Meirás defendendo a acción realizada en agosto de 2017 “para que hoxe poidamos estar a falar de que o Pazo é patrimonio público”
Galiza, 19 de xullo de 2021.- As e os “19 de Meirás”, grupo de activistas denunciados pola familia Franco e a Fundación Nacional Francisco Franco por unha acción simbólica realizada no Pazo de Meirás en agosto de 2017, realizaron hoxe unha visita guiada ao Pazo. Era a primeira vez, após a acción simbólica realizada, que voltaban acceder ao inmoble e a visita foi guiada polos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez “Lito”.
Néstor Rego, Deputado do BNG no Congreso e integrante deste grupo de activistas denunciados exerceu como voceiro e lembrou “a importancia da acción realizada, cuxa foto chegou a ter repercusión internacional e serviu, xunto ás demais acción realizadas a nivel social e institucional, de palanca para que hoxe poidamos estar a realizar esta visita nun Pazo que hoxe é patrimonio público” sinalou o nacionalista.
“Mais debemos continuar alerta, faltan aínda moitas cuestións por resolver. Non está concluído o proceso xudicial e houbo resolucións moi preocupantes, como a que pretende indemnizar aos Franco ou que poidan retirar os bens mobles que hai no interior do Pazo” explicou Rego. “Sería unha ignonimia que isto se levase a cabo, e desde logo que non o imos permitir, desde o BNG faremos todo o que sexa preciso para impedilo” sentenciou.
“Seguen tamén estando pendentes de xuízo ás persoas denunciadas polo Franco, as e os coñecidos como 19 de Meirás. Exiximos que dunha vez se arquive a súa causa e se poña fin a ese sin sentido” sinalou o deputado nacionalista.
Rego reclamou tamén que unha vez que se conclúa todo o proceso xudicial o Pazo de Meirás sexa transferido á administración galega, “pois o lexítimo propietario do Pazo é o pobo galego” dixo, á vez que sinalou “que os usos deste Pazo deben ser destinados á recuperación da memoria democrática galega e á restauración de todas as vítimas do franquismo na Galiza” concluíu o deputado nacionalista.