ALBERTO LEMA, concejal de Trabajo
“O noso bando é o pequeno comercio”
"A Coruña ten un tecido comercial moi organizado, moi consciente de sí mesmo", explica Lema.
Durante muchos años se ha potenciado la implantación de grandes superficies en la ciudad en detrimento del comercio de barrio ¿Cómo enfoca el comercio de barrio en líneas generals?
A Coruña é a cidade europea con máis metros de superficie comercial por habitante. Iso da idea das liñas que se segueron, contrarias o comercio de proximidade.
Esta proliferación de centros comerciales foi unha burbulla que acabou estoupando, o que delata a falta de planificación, irresponsable, en canto as zonas, feita sobre unha demanda irreal.
Outro efecto secundario está na periferia. Antes veníase á Coruña a comprar al centro. Agora non entran na cidade porque quedan nas grandes superficies.
Para nós o noso bando é o pequeño comercio, non por prexuizo contra as grandes superficies, senon porque o pequeño comercio xenera riqueza capilar, proveese no barrio e reparte na cidade. As grandes superficies se proveen fora. O pequeño comercio crea máis riqueza por iso estamos con pequeño comercio.
Houbo gran dose de cinismo no gobernos anteriores que mentras facían esto, gastaba diñeiro en campañas de promoción, que hai que facelas, pero no seu caso era unha ironía.
Nós seguiremos facendo campañas pero consensuadas co sector, que é como facemos as cousas e como creemos que pode funcionar.
Os comercios son factor de seguridade, de luz, de atracción turística… mesmo inflúen no valor dos pisos do barrio.
¿Qué medidas se están tomando o se tiene previsto tomar este año para apoyar el comercio de barrio?
Sometido á aprobación dos orzamentos, está a creación dun banco municipal de aluguer de baixos comerciais; naqueles barrios con problemas de decadencia comercial isto favorecería que no decaigan.
Prevemos campañas para Entroido, Maio, Samaín e Nadal. No antroido hemos tenido que ir a un contrato menor por cuestións de tempo e se está a facer unha campaña de cuñas de radio.
Para Maio, temos o Día das Letras Galegas e coincide con centenario das Irmandades de Fala, preparamos un día de libros e flores (como o de Sant Jordi catalán) aproveitando sinerxias. Logo está o verán e logo, o Samaín, que continuaremos o mesmo tipo de campaña pero engadindo cousas para a noite, co sector da hostelería. En Nadal temos os mercadiños e o sector está demandando un proxecto de “tendas a examen” onde está programado que un técnico en escaparatismo vaxa axudando polos barrios.
¿Cómo se va a apoyar la colaboración entre comerciantes de un mismo barrio?
Hai unhas 30 asociacións de comercio, moitas delas na Federación de Comercio coruñesa o que nos obriga a ter como interlocutor privilexiado á dita federación. A Coruña ten un tecido comercial moi organizado, moi consciente de sí mesmo. Non imos caer en antigas prácticas clientelares e imos considerar ás asociacións de comercio atendendo o seu número de socios. Imos subvencionar o comercio con 126.200 euros a través da FUC
Hace poco se han reunido con asociaciones de vecinos para ver los problemas de cada barrio, el comercio tiene unas asociaciones muy activas y representativas, en muchos barrios ¿no piensan reunirse con ellos, que están todo el día a pie de calle?
O primeiro foi expoñerlles a todos as nosas liñas de traballo. Agora queremos ter outra reunión para explicar o que queremos facer este ano, pero estamos co retraso dos orzamentos, que é o que queremos presentarlles. Estamos estudiando convocalos.
¿Son conscientes que de que es importante fomentar el asociacionismo y tener muy en cuenta el número de asociados de cada asociación y su implantación en el barrio?
Sí. Como xa dixéramos antes, provenimos de asociacións. As asociacións de veciños, e culturais influen no seu entorno. O número de socios é algo que ten que pesar, así como o historial, a traxectoria.
¿Se va a facilitar más que antes la participación de las asociaciones de comerciantes en la preparación del programa de fiestas?
Festas no é a miña área. Creo que a liña xeral é falar con todos, está no ADN da Marea. Esta programación é complexa e os actores poden entrar en conflicto. Pero nós temos que falar constantemente co sector. As asociacións saben máis que nós, e temos que terlas en conta. Cos mercados está sendo un trámite longo e costoso.
¿Está previsto en los planes de formación laboral no dejar excluidas a las personas en situación administrativa irregular? ¿Cómo sería su itinerario de inserción laboral?
Para nós o punto de vista punitivo sobre este colectivo, propio de gobernos anteriores, non vai. Para nós son veciños de pleno dereito. Hai que facilitarlles a integración. Unha das vías máis importantes é a vía laboral, que teñan posibilidade de acceder a unha actividade económica. Son cidadáns de pleno dereito e iso hai que facelo valer non só pola vía dos dereitos, también pola vía dos feitos. Dende a área municipal de emprego imos ter unha serie de iniciativas destinadas a este sector.
¿Cómo se van a potenciar los mercados?
Nas Conchiñas é unha concesión, pero o que non imos facer é o que se fixo co Mercado de Santa Lucía, qué deixalo á deriva. Temos obrigas de vixiancia e de control, e eses son también os límites que temos.
No caso de Ramón Cabanillas imos sacar novas ordenanzas que sustitúan ás de 2006. Respecto á adscripción de postos, hai 50 prazas baleiras nos mercados da cidade (o último concurso que se fixo foi no ano 1993). Fai tempo que non se fai concurso, hai que dar homoxeneidade, ocupar ás prazas baleiras… O primeiro é as ordenanzas, regularizar a situación dos temporeiros e inmediatamente sacar as prazas a concurso. Son só 50 postos de traballo pero también son importantes.