Anteproxecto de Lei de Modificación da Lei de Saúde

Ofensiva privatizadora na Sanidade

Ante o anteproxecto de Lei de Modificación da Lei de Saúde e ante as ofertas da CEOE, a Fundación IDIS, que agrupa ás multinacionais mais importantes do sector, e ASPE, asociación dos principais hospitais privados do sector, de penetrar mais no sector público con plans para acabar as listas de agarda, mediante os orzamentos públicos, a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública emite o seguinte comunicado.

Ofensiva privatizadora na Sanidade
concentracic3b3nideal
Concentración en defensa da sanidade pública

Rexeitan estes plans de privatización do sistema, aproban as mobilizacións das areas do Salnés, Valdeorras e a Mariña Lucense, así como todas aquelas que se produzan no futuro.

Facen un chamamento á unidade e á mobilizacion en todo o territorio de Galicia, "porque a Lei aféctanos a todas e todos, en todas as areas sanitarias. Se convirte nun instrumento privatizador e de disminución de recursos para todo o sistema, así como elimina a participación de sectores de poboación nos consellos de saúde, instrumentos meramente consultivos, e que esiximos que teñan poder executivo"

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña, integrada na Marea Branca estatal, apoia as mobilizacións convocadas nas áreas sanitarias de O Salnés, Valdeorras e A Mariña Lucense, contra o Anteproxeto de Lei de Sanidade presentado pola Xunta do PP. Unha lei que suporía a desaparición destas áreas, xunto coa de Monforte de Lemos, e a súa transformación en distritos de “áreas” máis amplas, concentradas nas cidades; que verán incrementada a súa carga de traballo, mais non o aumento de plantillas.

Esta é a medida máis rechamante da proposta de Lei, mais non a única. No anteproxecto “garántese” definitivamente a participación do sector privado no ámbito investigación e a educación con axuda dos orzamentos públicos. Os consellos de saúde seguen a ser meros órganos consultivos sen ningún poder executivo para a defensa do carácter público da sanidade, e formados polos concellos, sindicatos, organizacións empresariais (“a raposa gardando o galiñeiro”) e asociacións de doentes, mais onde quedan fóra as asociacións veciñais, cidadás e de calquera outro tipo que tamén loitan pola defensa e mellora dun sistema sanitario 100 % público, etc.

Non é unha medida de mera reorganización, senón que da un paso máis na concentración das capacidades de xestión cara a total privatización da sanidade; un camiño no que veñen transitando, dende hai moitos anos, os diferentes gobernos do PPSOE.

Se dende que se aprobou a lei 15 de 1997 até as reformas do 2012, pasando pola reforma do artigo 135 da Constitución, alén das que teñen adoptado sen publicidade, as empresas privadas a través de subcontratas, as aseguradoras, os bancos, teñen comido trozos da sanidade pública; algún inxenuo pode pensar que un dos abandeirados da 15/97, o Sr. Feijoo, vai tomar medidas a prol de fomentar a sanidade pública?

As reorganizacións administrativas non son neutrais, o mesmo anteproxecto recoñece que se fai para aplicar as normas da Unión Europea, a que impuxo a austeridade e os recortes a toda Europa. Por se non fose pouco, a CEOE acaba de emitir un documento chamado “En defensa da Sanidade Privada”, para “fomentar a colaboración público-privada”, eufemismo de “queremos entrar na pública como sexa”. E, para rematar, a Fundación IDIS, que agrupa ás multinacionais máis importantes da sanidade privada, din que con 1500 millóns de euros resolverían ás listaxes de espera no 2018. Como fixeron coas Caixas de Aforro, os mesmos que as levaron á creba, veñen cos “salvadores” da privada a rescatar o público. Cínicos e canallas, non teñen outro nome. A Fundación IDIS propón o que Montoro e a Unión Europea negan, aumentar o gasto público en sanidade nun 1,5 %; como moitos propuxeron na negociación dos Orzamentos, e que foi rexeitado polo PP, e os seus aliados de Cs e PNV. Mais agora si poden admitir superar o teito de gasto, porque son os seus, os empresarios da sanidade quen piden diñeiro: 1500 millóns, para resolver un problema xerado polo propio PP para xustificar o desembolso.

Para a Coordinadora o anteproxecto de Lei é parte dunha volta de torca mais no camiño do desmantelamento da sanidade pública que vai afectar a todo o Sergas, non só os das áreas que desaparecerían, pois é a entrega cun lazo á empresa privada do que é de todos e todas, conquistado coa nosa loita e pagado todos os meses coas nosas nóminas e impostos, algo que non se pode admitir baixo ningún concepto.

Non hai nada que negociar con esta Xunta que só está para desmantelar Galiza e os seus servizos públicos; non só entregan á sanidade á privada, a comezos de verán, a traizón, pecharon (reorganizaron, dixeron eles) varios CEIPs en As Pontes, Porriño, Outes, etc... e agora aumentan as subvencións a centros concertados (privados). Non existen reorganizacións administrativas neutrais, pois a Xunta só ten un obxectivo: desmantelar os servizos públicos para beneficio da empresa privada.

O Anteproxecto de Lei fai parte dun plan avalado pola Unión Europea, e fomentado dende a CEOE e a fundación IDIS da sanidade privada; a Xunta é o executor dun plan de conxunto no que non colle o “sálvese quen poida”, e cada zona negociando como poida coa Consellería.

A Coordinadora apoia todas as mobilizacións que demonstren o rexeitamento desta Lei; mais ao ser parte dun plan de conxunto no Estado (en Madrid e en Catalunya teñen previstas modificacións legais neste sentido), considera que é preciso construir un amplo movemento unitario contra ela; un movemento a partir dos traballadores/as da sanidade, das súas Xuntas de Persoal e sindicatos, até as asociacións de doentes e veciñais, pasando polos concellos que rexeitan a privatización da sanidade, cara a convocatoria de mobilizacións conxuntas até derrotar á Xunta, conquistando a retirada do Anteproxecto de Lei e frear a
privatización do sistema.

Mais, ao ser parte dun plan máis amplo, consideramos que a súa retirada só sería un paso no camiño de garantir unha verdadeira sanidade 100 % pública, derrogando a lei 15/97, o decreto do 2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución.

Como a Sanidade Non Se Vende, deféndese coa loita na rúa, chamamos á poboación a participar nas concentracións que todos os mércores vanse desenvolver nas áreas do Salnés, Valdeorras e A Mariña, e a estender as medidas de loita ás demais áreas, tamén afectadas pola lei.

.

Ofensiva privatizadora na Sanidade