A Fronte Cívica de A Coruña solidarízase co peche no Hospital Comarcal do Bierzo, que está a protagonizar a Asemblea de Usuarios pola Sanidade Pública do Bierzo e Laciana.
Peche de usuarios públicos da sanidade no Bierzo
Comunicado de apoio a: Asemblea de Usuarios pola Sanidade Pública do Bierzo e Laciana
A Fronte Cívica de A Coruña solidarízase co peche no Hospital Comarcal do Bierzo, que está a protagonizar a Asemblea de Usuarios pola Sanidade Pública do Bierzo e Laciana. Xa van polo día 37 de loita incansable e peche á espera de que o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Castela e León tome decisións que resolvan os problemas máis urxentes do hospital, como son: a apertura continuada das 36 camas pechadas, a inclusión da radioterapia na carteira de servizos, a eliminación das Unidades de Xestión Clínica (UGC) na Saúde Mental e Pneumoloxía, a realización de actividades clínico-cirúrxicas pola tarde contratando o persoal necesario (sobre todo radiólogos, traumatólogos, xeriatras, anestesistas e urólogo) e a valoración da estrutura do hospital e a súa revisión polos inspectores do I.N.S.S.
O mesmo Defensor do Paciente de Castela e León sinalou que “apoia e defende” o peche dos usuarios do Hospital do Bierzo polo peche de camas en época estival e solicitou tanto ao presidente da Xunta, Juan Vicente Herrera, como ao conselleiro de Sanidade, Antonio María Sáez Aguado, que aporten “solucións” porque as enfermidades “non se van de vacacións”.
As reivindicacións das compañeiras e compañeiros do Bierzo e Laciana son extensibles e compartidas pola Fronte Cívica, pois os recortes sanitarios, a privatización explícita ou encuberta dos servizos e a precarización dos empleos se teñen dado e se están a producir en tódalas comunidades autónomas do estado.
As Unidades de Xestión Clinica son a mellor demonstración de que é unha política común para todo o estado. Dende Andalucía ata Galicia, pasando por Castela e Leon, os gobernos de calquera cor tentan facer cómplices aos médicos da privatización, pagándolles por facer recortes.
Isto está a suceder dende que, en 1997, o goberno do Partido Popular aprobou unha lei co apoio do PSOE, na que se abría a porta á chamada eufemisticamente “externalización” dos servizos sanitarios e non sanitarios. Con esta lei comenzó o desmantelamento do sistema sanitario público e a construción incisiva do discurso da maior eficacia e eficiencia da xestión privada sobre a pública, contribuíndo á creencia popular de que “o privado é mellor”.
As políticas de recortes e de privatización foron forzadas pola UE e as súas políticas neoliberais, cuxo punto culminante chegou coa modificación do artigo 135 da Constitución Española, que deu prioridade ao pago da débeda e aos intereses sobre calquera outro gasto; débeda que, por outra banda, debe someterse a unha auditoría cidadá para cuantificar que parte da mesma é ilexítima, declarar o non pago, e no seu caso, exixir as responsabilidades xurídicas aos responsables políticos e aos xestores nombrados por estes.
É por todo isto, que a Fronte Cívica de A Coruña súmase ás exixencias das compañeiras e compañeiros pechados no Hospital Comarcal do Bierzo en canto á derrogación da reforma do art. 135 da Constitución Española, da ley 15/1997 e do RD 16/2012; e ademais plantexa a necesidade de cambios lexislativos e de xestión que están recollidos no documento de 38 medidas, presentado no Congreso dos Diputados, nos Parlamentos Autonómicos e nas Corporacións locáis de diversas comunidades autónomas polas Mareas Brancas de todo o estado.