Comercio Internacional
Os tratados de libre comercio e os pobos de Europa, a examen este sábado na Coruña
Axenda social
Xosé Manuel Carril coordina o congreso internacional Os Pobos de Europa ante os Tratados de Libre Comercio, que organizan este sábado a Fundación Galiza Sempre e Centre Maurits Coppieters, en colaboración coa Universidade da Coruña.
Onde
Paraninfo da Universidade da Coruña
Cando
Sábado, 1 de xullo
Horario
De 10.30 a 14.30 horas, e de 17.00 a 20.00 horas
Programa
10:30 horas. Presentación da Xornada. Francisco Jorquera (presidente da Fundación Galiza Sempre) e Xabier Macías (presidente do Centre Maurits Coppieters)
10:40. A destrución do Estado do Benestar
Josep Fontana i Lázaro. Profesor Emérito na Universitat Pompeu Fabra.
11:15. Tratados de libre comercio: entre os mecanismos de desposesión do capitalismo terminal.
Andrés Piqueras Infante. Profesor de Socioloxía e Antropoloxía Social na Universitat Jaume I e membro do Observatorio Internacional da Crise.
12:30. Mesa redonda: o impacto dos tratados de libre comercio nas nacións sen estado de Europa.
Modera: Ana Miranda. Portavoz BNG Europa. Interveñen:
Ana Pontón. Portavoz Nacional do BNG.
Adolfo Araiz. Portavoz no Parlamento de Nafarroa de EH-Bildu.
Jordí Solé. Eurodeputado de ERC.
Helen Ryckamns.Deputada no Parlamento de Wallonie. Membro de Ecolo.
Gael Simon. Área de Relacións Internacionais da UDB.
Pádraig MacLochlainn. Senador do Sinn Féin.
17:00. O impacto dos tratados de libre comercio en América Latina.
Adrián Sotelo Valencia. Sociólogo e profesor no Centro de Estudos Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México.
18:00. Europa e o saqueo dos recursos do Sáhara Occidental.
Side M. Omar. Doutor Europeo, Profesor visitante na Universitat Jaume I e membro do corpo diplomático da República Árabe Saharauí Democrática e da Fronte Polisaria.
19:00. Mesa redonda. Alternativas aos tratados de libre comercio desde a soberanía dos pobos de Europa.
Presenta: Xosé Luís Armesto. Catedrático de Química Física UDC. Interveñen:
María do Carme García Negro. Profesora Ad Honorem de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
Dimitrios Konstantanapoulos. Xornalista, escritor e membro da Delphi Initiative e do consello editorial do proxecto de información alternativa http://www.defenddemocracy.press.