Pobreza

Xustiza Social cede e non instalará Mi Casita en Eirís

O proxecto Mi Casita non se desenvolverá no barrio de Eirís. O Concello busca novo emprazamento.

Xustiza Social cede e non instalará Mi Casita en Eirís

O Fogar Sor Eusebia non considera imprescindible a ubicación de Eirís. A entidade benéfico social informou ao alcalde a finais da semana pasada, logo de que a Administración local lle solicitase "unha reflexión", de que o emprazamento lle resulta agora indiferente e que, polo tanto, está aberta a outras alternativas. O Concello convocará unha asemblea nos próximos días para informar ao conxunto da veciñanza de Eirís da decisión adoptada. Nunha nota de prensa, o Concello sinalou esta mañá que "seguirá apoiando o proxecto MiCasita e que a partir de agora, de forma repousada e serena, sen urxencias, se buscarán outras alternativas de cara a acadar o clima de normalidade que requiren estes proxectos".


 

Xustiza Social cede e non instalará Mi Casita en Eirís