Socio fundador en 1997 de ZOPILOTE S.L., produtora dedicada á elaboración de formatos televisivos.
CARLOS ARES (A Coruña-1966)
Socio fundador en 1997 de ZOPILOTE S.L., produtora dedicada á elaboración de formatos televisivos.
É un dos creadores e guionista das series “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “Pepe o Inglés”, “O Nordés”, entre outras, e do programa de TVG “O Rei da Comedia”, así como de varios documentais “Labregos do Mar”, “Selección galega, 70 anos despois” ou “O último partido”.
É un dos creadores, produtor executivo, guionista e director de “Air Galicia”, premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2007.
É un dos creadores, guionista, director e produtor executivo da serie “Era visto!” Premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2012 e 2013.
É un dos creadores, guionista, director e produtor executivo da serie “Os Mariachi”.
Foi un dos premiados como mellor guión nos Premios AGAPI do ano 1997 e nos Mestre Mateo do 2003 e 2005.
No ano 2017 foi ponente da Subcomisión do Congreso dos Deputados para a Creación do Estatuto do Artista.
Entre os años 2011 ao 2015 foi Presidente da Asociación Galega de Guionistas.
Do 2015 a 2019 foi Presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Durante 2018 e 2019 foi colaborador do Diario Cultural da Radio Galega