O ronsel da memoria
A saúde democrática dunha sociedade pode medirse baixo moitos parámetros, pero un dos mínimos, ou máximos, que se exixen nunha democracia, dependendo de con que ollos se mire, é a memoria. Si, da que nunca nos falaron, porque o sistema puxo toda a súa maquinaria para ocultala, para que a dor ficara no esquecemento, na irrelevancia.