Eu quixen escribir a miña historia, ese foi un dos textos que se leron onte (leuno Sofía, senegalega de boa fe) que arranca cunha cita de Chinua Achebe, o autor de Todo se esfarela. "Ata que os leóns non cren o seu propio historiador, a historia da caza só glorificará ao cazador", di Achebe. Foi na presentación de Ser Modou Modou, o libro no que o senegalego Cheikh Fayé conta a vida desde a praza do mundo, desde o barrio da Agra no que leva vivindo desde que chegou á Coruña. E faino en galego. Por que?, preguntáronlle onte unhas inmigrantes coma el. Porque para entender un pobo, para integrarse e querelo, dixo, hai que facelo na súa lingua. Unha proba de agradecemento de Cheikh a este barrio, a esta praza das Conchiñas onde o futuro deste pais xa se debuxa cada tarde. Onte foi unha especial. Os leóns senegalegos descubriron unha voz.
Última hora
- 14:00 h. “El Nonviolencia Activa Fest es la celebración más especial de la paz y de la noviolencia en A Coruña”: Marisa Fernández, presidenta de MSGYSV
- 14:24 h. El juzgado de Betanzos anula un swap de Abanca y devuelve a un matrimonio más de 26.600 euros
- 14:02 h. En resposta á alcaldesa, Jorquera afirma que o BNG dedicou todo o pleno a explicar a súa posición e avanza a convocatoria este xoves dun acto público aberto a toda a cidadanía
- 12:00 h. O Banco de Alimentos Rías Altas busca voluntarios para a Gran Recollida 2024
- 10:32 h. A CGT da Coruña inaugura o seu novo local na rúa Entrepeñas
Xentes da Agra
Escritura e vida na praza do mundo. As Conchiñas, xullo de 2017
Comercio dos Mallos
Dereitos
Xentes de Oza
Violencia de género