Coruña contra a guerra

Concentración: STop

Dende Coruña Contra a Guerra mostramos a nosa máis enérxica repulsa ante o bombardeo deste luns 6 de febreiro sobre a Franxa de Gaza. 
 

Concentración: STop
Stop Bombardeos en Gaza
Stop Bombardeos en Gaza

Queremos expresar o noso profundo rexeitamento ante os recentes bombardeos perpetrados polo exército israelí. Ante o temor a unha nova ofensiva que cause, como en outras ocasións, miles de víctimas civís, dirixímonos unha vez máis aos gobernos locais, autonómicos e central do Estado español, para exixirlles a condea  desta  nova agresión cometida polo goberno de Reuven Rivlin, que tomen as sancións ao seu alcance contra o Estado sionista, incluíndo a ruptura de relacións diplomáticas, de cooperación e comerciais.

Prodúcennos gran preocupación as recientes declaracións do ministro de Defensa de Israel, Avigdor Lieberman, nas que asegurou que o Exército de Israel estase preparando para empregar toda a súa forza en futuros conflictos en Gaza ata que ésta levante unha bandeira branca. 

Dende Coruña Contra a Guerra queremos poñer en relevancia que na Franxa de Gaza sobreviven actualmente 1,8 millóns de seres humanos, cunha das densidades de poboación máis altas do mundo. Máis de dous tercios da súa poboación son persoas refuxiadas,  expulsadas da súa terra dende maio de 1948.

O uso desproporcionado da forza armada contra unha poboación civil, indefensa é un  crimen de guerra que debe ser condeado. Facemos un chamamento á comunidade internacional para que asuma a súa obriga de protexer á población palestina asediada na Franxa de Gaza constituída, na súa maioría, por persoas menores de idade e refuxiadas, en cumprimento do Dereito Internacional Humanitario y do Dereito ao Refuxio.

Coruña Contra a Guerra insta a poñer fin ás políticas criminais e racistas do Estado de Israel, chamando á cidadanía, a organizacións sociais, sindicatos, partidos políticos, movementos sociais e a todas as persoas comprometidas cos dereitos humanos e  o dereito ao refuxio, a que se sumen a esta concentración para que Israel cumpra dunha vez por todas coa legalidade internacional e cese nos seus ataques á Franxa de Gaza e permita que os refuxiados y refuxiadas palestinas exerzan o seu dereito de retorno aos seus fogares na súa terra de orixe.

STOP BOMBARDEOS EN GAZA!

Concentración, mércores 8 de febreiro ás 20:00h no Obelisco

Concentración: STop