BNG | nota de prensa

O BNG apoia a prórroga dos prazos de pagamento das taxas e impostos municipais

De feito é unha das propostas que, canda outros grupos municipais, a formación nacionalista levou á primeira Xunta de Portavoces sobre a crise do coronavirus. O BNG defende que se estuden tamén exencións e rebaixas para os colectivos máis vulnerábeis
O BNG apoia a prórroga dos prazos de pagamento das taxas e impostos municipais
Debate no Forum sábado 4. Jorquera antes do debate port
Francisco Jorquera

A Coruña, a 26 de marzo de 2020. O grupo municipal do BNG considera unha medida positiva o novo calendario de pagamento das taxas e impostos municipais anunciado este xoves pola alcaldesa Inés Rey.

Así o indicou o portavoz nacionalista Francisco Jorquera durante a nova reunión monográfica que sobre a crise do coronavirus realizou hoxe a Xunta de Portavoces.

"Vemos ben a prórroga, como tamén a aplicación de medidas complementares a futuro, entre elas a exención e rebaixas de taxas e impostos para os colectivos sociais que máis poden sufrir as secuelas socioeconómicas desta emerxencia sanitaria", afirma Francisco Jorquera.

A crise vai levar aparellada unha profunda caída da actividade económica, polo que o BNG considera fundamental que a administración local se libere dos atrancos que nos últimos tempos ten condicionado a súa resposta fronte a situacións recesivas. "Insistimos nestas reunións da Xunta de Portavoces en que desde o Concello se demande a eliminación urxente da regra de gasto, ben como tamén como as restricións que pesan sobre os obxectivos de déficit e os límites de endebedamento, pois limitan gravemente a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais", conclúe Jorquera.

O BNG apoia a prórroga dos prazos de pagamento das taxas e impostos municipais