Mobilidade

Campaña do BNG: "Desmontando a necesidade de ampliación da Vedra"

O BNG inicia unha campaña para facer fincapé en que as solucións aos problemas reais de mobilidade da Coruña e da súa área urbana pasan por priorizar o transporte público intermodal sobre o asfalto e o coche: unha mobilidade do século XXI

Campaña do BNG: "Desmontando a necesidade de ampliación da Vedra"
BNG Desmontando 02
Fotograma do vídeo do BNG: "Desmontando a necesidade de ampliación da Vedra"

Co primeiro dos vídeos presentado hoxe, as nacionalistas desmontan a suposta necesidade da ampliación da avenida da Vedra e inciden en que as solucións aos problemas reais de mobilidade na Coruña e na súa Area Metropolitana pasan por apostar por un transporte público intermodal fundamentalmente a través dun servizo de proximidade por tren e por autobús

Avia Veira: “Entendemos que en determinadas ocasións na avenida de Alfonso Molina pode haber retencións debidas a alcances mais a realidade diaria é a que amosamos no vídeo que hoxe presentamos: pódese percorrer a avenida de xeito fluído, sen retencións ou paradas, respectando os límites de velocidade e cun transito de vehículos normalizado en 5 minutos, algo que desmonta a teoría do seu colapso permanente e que so responde a intereses especulativos de Audasa defendidos polo Partido Popular e o Ministerio de Fomento”

O BNG vén de presentar esta mañá un vídeo (pódese ver e descargar neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=1GkZ84E-ySo) no que as nacionalistas desmontan a suposta necesidade da ampliación da avenida da Vedra.

Deste xeito, no vídeo, a formación nacionalista, edita unha serie de gravacións realizadas no últimos mes, en distintos días, en distintos horarios e en distintos tramos, todos eles editados de xeito continuo, nos que se amosa un tránsito fluído de vehículos.

Co primeiro dos vídeos presentado hoxe, as nacionalistas desmontan a suposta necesidade da ampliación da avenida da Vedra e inciden en que as solucións aos problemas reais de mobilidade na Coruña e na súa Area Metropolitana pasan por apostar por un transporte público intermodal fundamentalmente a través dun servizo de proximidade por tren e por autobús

“Queremos iniciar unha campaña coa que pretendemos incidir no que son os problemas de mobilidade reais que ten a nosa cidade e a súa área urbana, e moi lonxe das propostas que se veñen propoñendo que só se centran en máis carrís e máis cemento para Alfonso Molina, e que responden a intereses privados”, sinalaba a portavoz nacionalista Avia Veira no inicio da comparecencia pública.

E é que as nacionalistas subliñan a necesidade por en marcha políticas decididas en mobilidade, que aposten polo transporte público intermodal, na que se combinen distintos medios de transporte para facer máis áxil os fluxos de comunicación na cidade e entre a cidade e os concellos da comarca, cun transporte público colectivo adecuado ás demandas reais da veciñanza e que sirva para distribuír eficientemente entre núcleos as súas necesidades, o tren de proximidade, cunhas instalacións ferroviarias hoxe en día totalmente infrautilizadas e que cada día teñen un deterioro máis evidente, alén do fomento de outro tipo de medios como podan ser o transporte en bicicleta ou o transporte marítimo.

“Entendemos que en determinadas ocasións na avenida de Alfonso Molina pode haber retencións debidas a alcances mais a realidade diaria é a que amosamos no vídeo que hoxe presentamos: pódese percorrer a avenida de xeito fluído, sen retencións ou paradas, respectando os límites de velocidade e cun transito de vehículos normalizado en 5 minutos, algo que desmonta a teoría do seu colapso permanente e que so responde a intereses especulativos de Audasa defendidos polo Partido Popular e o Ministerio de Fomento”, advertía Avia Veira na rolda de prensa

Por último, a formación nacionalista avanzou que en vindeiras semanas presentarán outras gravacións nas que seguirán amosando a necesidade de apostar na cidade e na comarca por solucións unha mobilidade do século XXI.

Campaña do BNG: "Desmontando a necesidade de ampliación da Vedra"