Deportivo
Comunicado do Concello sobre o partido Dépor - Fuenlabrada
Ante as informacións publicadas por varios medios de comunicación sobre a viaxe do Club de Fútbol Fuenlabrada á nosa cidade para disputar o derradeiro partido de Liga contra o Depor sabendo que o pasado sábado parte do seu corpo deportivo e técnico deu positivo por COVID o Concello da Coruña quere manifestar o seguinte:
21 jul 2020
- O Concello da Coruña pedirá explicacións á Liga, CSD e á Federación Española de Fútbol por consentir viaxar a un equipo de fútbol a esta cidade cando, presuntamente, o pasado sábado se detectaron varios casos de COVID no seu equipo.
- Entendemos que non se pode poñer en risco a saúde pública dunha cidade que leva meses combatendo unha pandemia, que aínda non está controlada e que causou neste país preto de 30.000 mortos.
Por suposto, agardamos unha pronta recuperación dos xogadores do Fuenlabrada, pero de confirmarse a información publicada en varios medios, este equipo nunca debeu viaxar á cidade, nin se debeu disputar a xornada de Liga.