Marea Atlántica | nota de prensa

Constituída a Comisión Técnica de Estudo para a posta marcha dun operador enerxético municipal

A Comisión Técnica de Estudo para poñer en marcha un operador enerxético municipal constituíuse formalmente esta mañá cunha reunión de traballo no Concello da Coruña.
Constituída a Comisión Técnica de Estudo para a posta marcha dun operador enerxético municipal
20220412_SGR_comite_tecnico_EME_Z7F8451
Comisión Técnica de Estudo para a posta marcha dun operador enerxético municipal

Está formada por persoal técnico municipal, contou con presenza de Emalcsa e de todos os grupos políticos da Corporación, e contará tamén co apoio de persoal investigador das universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

A posta en marcha deste operador enerxético é froito do acordo entre a Marea Atlántica e o goberno local para promover a utilización de fontes de enerxía 100% renovables para loitar contra a pobreza enerxética e o cambio climático por todas as vías.

"Nun contexto de suba implacable da factura da luz, empobrecemento da poboación e emerxencia climática, as administracións teñen que actuar, tamén o Concello da Coruña", sinala María García.

O comité está formado por persoal técnico do Concello, das áreas de Medio Ambiente, Economía, Infraestruturas e Innovación, ademais de por representantes de todos os grupos políticos da Corporación. E terá apoio de persoal investigador das universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Integrantes da Comisión Técnica de Estudo do operador enerxético

Concelleiras:

  • Marea Atlántica: María García Gómez.
  • PSdeG-PSOE: José Manuel Lage Tuñas.
  • PP: Roberto Rodríguez Martínez.
  • BNG: Francisco Jorquera Caselas.

Persoal técnico

  • Secretario/a xeral do Pleno: Manuel Díaz Sánchez.
  • Interventor/a xeral do Concello da Coruña: Ángel David Murado Codesal.
  • Xefe/a do Servizo de Innovación Tecnolóxica: José María Ares Abalo.
  • Xefe/a do Servizo de Infraestruturas: Fernando Santiago Martínez López.
  • Xefe/a da Sección de Calidade Medioambiental: Guillermo Leira Nogales.

 

Constituída a Comisión Técnica de Estudo para a posta marcha dun operador enerxético municipal