A Deputación financia proxectos de axuda ao desenvolvemento e cooperación exterior
A Deputación da Coruña destinará este ano 220.000 euros a cofinanciar, en colaboración con ONGD e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, proxectos de axuda ao desenvolvemento en América Latina, Caribe e África. As bases destas axudas, que se publicaron no Boletín Oficial da Provincia o dia 12 de febreiro, está aberta á concorrencia das entidades que traballen no campo da cooperación internacional, a axuda humanitaria e á educación para o desenvolvemento.
Dende hai anos, a Deputación colabora con programas solidarios como Vacacións en Paz, que trae á provincia nenos saharauis durante o verán; Viaxe cara á vida, da Fundación Tierra de Hombres, que permitiu traer a nenos e nenas de países africanos como Togo, Benin, Senegal ou Mauritania para ser operados de cardiopatías no CHUAC da Coruña, ou o programa impulsado por Ledicia Cativa para que nenos da área afectada polo accidente nuclear de Chernóbil pasen as súas vacacións en diversos concellos coruñeses.
Terán prioridade aqueles proxectos que formen parte dun plan integral de desenvolvemento da área xeográfica onde se materialice o proxecto, os que conten coa colaboración de asociacións locais e os proxectos presentados por agrupacións de ONGD, entre outros.