Muller

O Goberno local pon en marcha un Plan de Igualdade para o persoal municipal

Rocío Fraga di que o que se pretende é incorporar a perspectiva de xénero na xestión dos recursos humanos do Concello, fomentar a igualdade de oportunidades e o equilibrio na participación.

O Goberno local pon en marcha un Plan de Igualdade para o persoal municipal

Até 7 grupos de traballo e comisións e vintedúias reunións entre xullo do ano pasado e xuño deste ano foron precisas para elaborar un plan que mañá se aprobará na comisión de goberno e que pretende, segundo a concelleira de Igualdade, Roció Fraga, "incorporar a perspectiva de xénero na xestión dos recursos humanos do Concello, fomentar a igualdade de oportunidades e o equilibrio na participación en todos os ámbitos de xestión", ao mesmo tempo que integrar "o respecto pola igualdade de xénero na cultura e nos valores de funcionamento".

O departamento de Rocío Fraga deseñou 61 actuacións para incorporar a perspectiva de xénero en todo o proceso de selección de persoal e garantir o principio de igualdade no acceso e na clasificación profesional, así como garantir a igualdade de oportunidade nos procesos de promoción e fomentar unha presenza de mulleres nos postos de maior responsabilidade.

Fraga recordou a importancia de que a igualdade estea tamén presente á hora de valorar ás empresas provedoras. "Algo que xa se ten en conta mediante as cláusulas sociais incorporadas á contratación", dixo, "pero que tamén se recolle aquí, como é incorporar cláusulas nas follas de contratación e licitación que valoren positivamente a aquelas empresas que respectan a normativa de igualdade na súa xestión".


 

O Goberno local pon en marcha un Plan de Igualdade para o persoal municipal