O martes 24 de outubro no Centro Cívico Municipal Os Mallos

Información, desinformación e sociedade civil nas Xornadas das Interdependencias

Moderados por la Concelleira de Participación Claudia Delso, intervirán o periodista Pascual Serrano, Óscar Valadares, analista e activista internacional, Mariano E. Fernández, socio fundador de CuacFM

Información, desinformación e sociedade civil nas Xornadas das Interdependencias
3 xornada
Cartaz da 3ª xornada

É a terceira xornada, versará sobre "Información, desinformación e sociedade civil"

Intervirán:

- Pascual Serran: oé xornalista, foi fundador no 1996 da revista dixital www.rebelion.org. Actualmente é membro do Consello editorial de Mundo Obrero e da revista satírica El Jueves. Dirixe a colección –A Fondo da editorial AKAL.

- Óscar Valadares: é analista e activista internacional, portavoz nacional do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes. Tense especializado na análise e difusión da situación política e social no Oriente Próximo.

- Mariano E. Fernández é un dos socios fundadores da radio comunitaria Cuac FM (1996), na que segue a participar na Coordinadora de Organización, Administración e Estratexia. Exerce coma comunicador social, locutor e técnico de sonido desde 1995.

Moderación: Claudia Delso Carreira; Concelleira de participación e innovación democrática do Concello da Coruña. Áreas de competencia: innovación democrática, participación cidadá, descentralización de distritos e barrios, mocidade, centro municipal de información xuvenil (CMIX), informática, interior, e innovación e desenvolvemento tecnolóxico. 

Información, desinformación e sociedade civil nas Xornadas das Interdependencias