Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica convocará a Comisión Especial do Bordo Litoral

Xiao Varela: “O recurso que presenta a Autoridade Portuaria ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é moi grave. Pretende dinamitar a lexitimidade dunha decisión democrática, impulsada por un goberno local no exercicio das súas competencias e avalada pola maioría absoluta do Pleno do Corporación”.

A Marea Atlántica convocará a Comisión Especial do Bordo Litoral
xiao_varela_comision_b_litoral__MG_7201
xiao_varela_comision_b_litoral__MG_7201

A Coruña, 2 de Agosto de 2020.- 

A Marea Atlántica convocará a Comisión Especial do Bordo Litoral para que o goberno local rinda contas diante de toda a Corporación e explique que pasos está a dar para a recuperación dos peiraos interiores da cidade. Así mesmo, permitirá coñecer cal é a posición do executivo de Inés Rey con respecto ao recurso da Autoridade Portuaria diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en contra da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pola que os terreos da Solana pasan a ser equipamento deportivo público da Coruña.

“Trátase dunha cuestión moi grave e agardamos que este recurso non prospere”, apunta Xiao Varela, concelleiro da Marea Atlántica e presidente da Comisión Especial do Bordo Litoral. “Non só cuestiona a protección do bordo litoral da Coruña fronte á especulación. Tamén pretende dinamitar a lexitimidade dunha decisión democrática, impulsada por un goberno local no exercicio das súas competencias e avalada pola maioría absoluta do Pleno da Corporación.”

A convocatoria servirá tamén para que o concelleiro de Urbanismo explique as informacións publicadas nos últimos días sobre o plan que o goberno municipal estaría a elaborar para negocialo coa Autoridade Portuaria. “Lamentamos que se remate así coa senda transparente e participativa aberta nos últimos anos nun asunto tan vital, clave para o futuro da cidade”, adianta Varela.

A Marea Atlántica convocará a Comisión Especial do Bordo Litoral