Marea Atlántica | nota de prensa
A Marea Atlántica lamenta a situación da recollida de lixo
A Marea Atlántica lamenta a situación na que se atopa a cidade polos problemas no servizo de recollida de lixo, as molestias que está a causar á veciñanza e o deterioro do espazo público xusto na celebración do Entroido. Por iso, instamos ao executivo local a actuar e poñer os medios para resolver o conflito.
A nosa voceira, María García, sinala que “a situación é grave, e está a xerar unha indignación comprensible entre a veciñanza, polo que lle pedimos ao goberno que se tome as medidas necesarias para que a recollida de lixo funcione con normalidade. Non imos instrumentalizar o conflito, como outros fixeron cando Xulio Ferreiro era alcalde, pero as rúas non poden seguir no estado no que se atopan”.
Desde o noso grupo municipal, mantemos contacto co goberno, trasladándolles as incidencias e queixas que nos fai chegar a veciñanza. E fixémoslles chegar directamente a nosa reclamación para que actúen en resolvan os problemas, garantindo o servizo público de recollida de lixo.