BNG | nota de prensa
O BNG lembra que xa no mes de outubro trasladou as súas propostas sobre os orzamentos a PSOE e Marea
A Coruña, a 2 de marzo de 2022.
O BNG non asistiu a esta xuntanza para non branquear unha negociación “escurantista, sectaria e excluínte”, en palabras do portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera.
O BNG quere salientar que xa no mes de outubro trasladou as sáus propostas sobre os orzamentos non só a PSOE e Marea, senón ao conxunto da Corporación.
“Nós si que fixemos os deberes en tempo e forma. Foron outros os que, coa súa demora na negociación, son os responsábeis de que os orzamentos non entrasen en vigor como corresponde, en xaneiro de 2022”, denuncia Jorquera, quen remarca que “dado o ritmo de tramitación que fica por diante” as novas contas non estarán listas até o vindeiro mes de abril. Mentres tanto, o Concello continuará a funcionar cos orzamentos prorrogados de 2020.
A partir de agora, o BNG fixará a súa posición sobre os orzamentos en función do grao de asunción “das propostas que realizamos no mes de outubro”, conclúe Jorquera.