Marea Atlántica | Nota de prensa

A Marea Atlántica renuncia a todas as dietas no Concello da Coruña

O grupo municipal renuncia a cobrar cartos extra por desenvolver o seu traballo nos consellos de administración de empresas públicas

Alberto Lema, que percibe o seu salario da Deputación, tamén rexeita as dietas por asistencia a plenos, comisións e órganos colexiados do consistorio

A Marea Atlántica renuncia a todas as dietas no Concello da Coruña
03_GrupoMareaIMG_1849
03_GrupoMareaIMG_1849
A Coruña, 29 de outubro de 2019.- As representantes da Marea Atlántica no Concello da Coruña e a Deputación Provincial acordaron renunciar a todas as dietas. É un xeito de cumprir co mandato do noso Código Ético, como levamos facendo desde maio de 2015 en todas as institucións. O salario público, dentro dos límites fixados tamén polo noso compromiso ético, é retribución abondo.

Así, o grupo municipal presentou esta semana, por escrito, a súa renuncia a cobrar as dietas por pertencer aos Consellos de Administración das empresas públicas Emvsa e Emalcsa.

Pola súa banda, Alberto Lema, que percibe o seu salario da Deputación, renunciou tamén ás dietas por asistencia a plenos, comisións e órganos colexiados do Concello da Coruña, e devolveu as que lle foran ingresadas. Ademais, notificou por rexistro á Tesourería Municipal que non desexa percibilas no que queda de mandato.

Do mesmo xeito que asumimos un límite salarial de 35.000 euros anuais para os cargos electos, entendemos que a asistencia a plenos, órganos colexiados e comisións forma parte do traballo diario, e non merece compensación adicional. As representantes públicas deben percibir un salario digno, pero que non as separe das persoas ás que teñen que representar, para seguir manténdose preto dos problemas das maiorías sociais.

A Marea Atlántica renuncia a todas as dietas no Concello da Coruña