BNG | nota de prensa

Mercedes Queixas, no comezo de campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"

"Por moita propaganda que agora lle bote, as coruñesas e os coruñeses saben que os gobernos de Feijóo ignoraron sistematicamente as necesidades desta cidade. Tan é así que a súa maior obra foi unha pasarela a un centro comercial que aínda por riba tivo que ser reparada aos cinco meses da súa inauguración""
Mercedes Queixas, no comezo de campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

A Coruña, a 25 de xuño de 2020. "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis. Estes 11 anos de Feijóo e do PP ao fronte da Xunta foron 11 anos perdidos tanto para Galiza como para a nosa cidade e comarca", afirmou esta noite Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, durante o acto de abertura da campaña da formación nacionalista.

"Estamos a apenas 15 días de que se faga realidade o cambio galego. Un cambio que leve á presidencia da Xunta a unha muller nacionalista e feminista", dixo Queixas, quen chamou a unha "mobilización masiva" de todas as enerxías "que hai na sociedade galega a favor dunha nova Galiza, dunha Galiza con futuro e dona de si".

Queixas interveu nun acto que tivo lugar na Praza da Fariña en que partillou o atril con Vitoria Louro, responsábel comarcal do BNG; Tono Chouciño, candidato suplente; Rubén Gasalla e Carlos Babío, números 23 e 8 da candidatura, respectivamente, e Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello da Coruña.

Na súa intervención, a candidata do BNG saíu ao paso do vídeo propagandístico que sobre a súa xestión en relación á cidade da Coruña fixo circular Feijóo este mércores. "Por moita propaganda que agora lle bote, as coruñesas e os coruñeses saben que os gobernos de Feijóo ignoraron sistematicamente as necesidades desta cidade. Tan é así que a súa maior obra foi unha pasarela a un centro comercial que aínda por riba tivo que ser reparada aos cinco meses da súa inauguración", dixo Queixas.

Por súa parte, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, engadiu: "Se alguén ten dúbidas sobre o ben que lle iría á Coruña cunha presidenta nacionalista que lle bote un ollo aos orzamentos da Xunta para 2020 en relación á nosa cidade e neles verá que o investimento per cápita que se destina á nosa cidade apenas representa a metade do promedio galego. Ese é o compromiso de Feixóo e do PP coa Coruña".

Candidatura do BNG ao Parlamento Galego pola Coruña

  1. Ana Pontón Mondelo. Compostela. Portavoz Nacional do BNG, e candidata á Presidencia da Xunta.
  2. Xosé Luís Rivas “Mini”. Boimorto. Deputado no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
  3. Mercedes Queixas Zas. A Coruña. Escritora e traballadora do ensino público.
  4. Rosana Pérez Fernández. A Pobra do Caramiñal. Foi deputada no Congreso. Fai parte do Consello Nacional.
  5. Ramón Fernández Alfonzo “Mon”. Ferrol. Dirixente da CIG-Industria, vinculado ao conflito do sector do metal.
  6. Daniel Pérez López. Carballo. Avogado.
  7. Iria Carreira Pazos. Arzúa. Médica residente. Fai parte da Dirección Nacional de Galiza Nova.
  8. Carlos Babío Urquidi. Sada. Activista da memoria histórica.
  9. Patricia Torrado Queiruga. Porto do Son. Ensaísta sobre a historia das mulleres galegas.
  10. Rafa Vilar González. Compostela. Escritor.
  11. Daniela Fernández Pérez. Compostela. Historiadora e activista LGBT+.
  12. Serxio Domínguez Louro. Cee. Técnico de depuración de augas. Fai parte do Consello Nacional.
  13. Elvira Branco Pérez. Ribeira. Licenciada en Bioloxía. Fai parte do Consello Nacional.
  14. Anxo Núñez Fernández. Outes. Estudante e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova.
  15. Cristina López Sánchez. Betanzos. Traballadora da Xunta. Fai parte do Consello Nacional.
  16. Xoán Manuel Sande Muñiz. A Laracha. Traballador da sanidade pública.
  17. Escarlata Pampín López. Ames. Xeóloga e adestradora de patinaxe.
  18. Manuel Soto Castiñeiras. Catedrático de Enxeñería Química. Activista ecoloxista e membro de ADEGA.
  19. Xiana González Pico. Narón. Estudante de Administración e Dirección de Empresas. Activista no feminismo e en Avante LGBT+.
  20. Xoán Carlos Sar Oliveira “Kuka”. Fisterra. Tenente de alcalde no concello. Fai parte do Consello Nacional.
  21. Lidia Castro Gabete. Arzúa. Enfermeira. Responsábel de Galiza Nova na comarca da Montaña.
  22. Xosé Deira Triñanes. Boiro. Ex-alcalde, e activista na Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s.
  23. Rubén Gasalla Gasalla. A Coruña. Sección sindical da CIG en Inditex.
  24. Concha de la Fuente Pérez. Compostela. Traballadora da CRTVG.
  25. Suso Seixo Fernández. Teo. Foi secretario xeral da CIG, e é un dos denunciados dos 19 de Meirás.

SUPLENTES

  1. Cristina Andrade González. A Pobra do Caramiñal. Traballadora do ensino.
  2. Antón Chouciño Garrido. Culleredo. Técnico informático e concelleiro.
  3. Xoán Freire Otero. Compostela. Traballador do SERGAS.
  4. Concha Lopes Outeiro. Teo. Traballadora da Xunta.
  5. Faustino Seco Penedo. Ares. Traballador do ensino público.

 

Mercedes Queixas, no comezo de campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"