Campaña para dinamizar as compras nos barrios

O noso comercio sí que vale

O programa repartirá 60.000 euros en dúas fases. A primera delas xa está en marcha mentres a segunda chegará en outono

O noso comercio sí que vale
Vales
Vales

Concello da Coruña | 28/01/2018

A concellería de Emprego e Economía Social inicia un novo programa para fomentar as compras no comercio de proximidade. Na campaña O noso comercio si que vale sortearanse vales de compras por un valor total de 60.000 euros para canxear en más de 600 tendas dos barrios da cidade, incluidos os postos dos mercados municipais, en dúas tandas. A primeira comezou o pasado luns día 22 e remata o 21 de febreiro. A segunda fase terá lugar o próximo outono. "A finalidade da campaña é axudar aos pequenos estabelecementos a fidelizar a clientela e poñer en valor o comercio de proximidade", salientou o titular do departamento, Alberto Lema.

Cada tenda dispón dun número determinado de papeletas que repartirá entre a súa clientela segundo o importe da compra realizada. De 10 a 20 euros de gasto a compradora ou comprador recibirá unha papeleta. Entre 20 e 50 euros serán dúas e, a partir dos 50 euros, terán dereito a tres. Os comercios que están adheridos ao programa contan con carteis identificativos e tamén urnas para depositar os títulos para o sorteo, o primeiro dos cales se celebrará o 2 de marzo. As persoas premiadas nesta primeira fase da campaña poderán utilizar os vales entre o 5 e o 24 de marzo para mercar en calquera dos 600 estabelecementos que forman parte da iniciativa.

Cada fase da campaña repartirá 30.000 euros, que se dividen en cinco premios de 1.000 euros, outros cinco de 750 euros, sete vales por 500 euros, 20 de 250 euros, 40 premios de 100, medio centenar de vales por 75 euros e, finalmente, 100 premios de 50 euros.

O noso comercio sí que vale