Podemos | nota de prensa
Podemos A Coruña eleva ao pleno melloras para o barrio de Monte Alto
A concelleira Isabel Faraldo levará ao pleno de Abril unha moción na que trasladará melloras que lle plantexaron a Asociación de Veciños de Monte Alto, entre as que se atopan a creación dunha pista cuberta para a práctica de petanca do club do barrio.
A Coruña, 6 de Abril do 2021.- Isabel Faraldo tivo un encontro coa asociación de veciños de Monte Alto o día 16 de Marzo de 2021, onde estiveron falando das problematicas coas que se atopa o barrio. O partido comprometeuse co barrio a elevar as súas inquedanzas ao pleno de Abril.
A moción recolle tres puntos fundamentais de melloras nas que se inclúen a reforma e adecuación do pavimento, bancadas, beirarrúas e bordos de separación entre ou pavimento e as zonas verdes do Parque de Marte e outra das melloras sería a reparación e adecuación do valado da pista de patinaxe de Adurmideiras, melloras que se teñen que acometer “ coa maior axilidade” apúnta a concelleira.
Un dos puntos da moción recolle a instalación dunha pista cuberta para a práctica da petanca que demanda o club do barrio, xa que son moitas as persoas que se concentran para a realización deste xogo.