Manifestación

A Ría do Burgo segue a espera de que se afronte a súa limpeza

Medio millar de manifestantes volven a pedir na Coruña que se cumpran os mandados para recuperar e protexer o espazo natural.

A Ría do Burgo segue a espera de que se afronte a súa limpeza
Cabeceira da marcha. Foto BNG-min
Cabeceira da marcha. Foto BNG.

Ás doce da mañá partiu da Casa do Mar a manifestación pola defensa da Ría do Burgo na que tomaron parte, entre outros cargos institucionais, a portavoz do BNG, Ana Pontón, e o portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino. Tamén estiveron na marcha Miguel Anxo Fernán Vello, deputado en Madrid, a concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, e do deputado do BNG pola Coruña no Parlamento Galego, Xosé Luís Rivas. A protestas, que estivo secundada por organizacións sindicais e outras forzas políticas como Esquerda Unida, pretende chamar a atención sobre os incumprimentos das Administracións Públicas respecto das actuacións que precisa a Ría do Burgo. Nun comunicado emitido onte, o BNG explicaba que despois de “case dúas décadas reclamando a súa recuperación como motor económico e espazo medioambiental da comarca, seguen pendentes actuacións claves e imprescindíbeis”, e sinalaba que por parte da administración central e da Xunta están “por cumprir directivas europeas que demandan o tratamento das augas residuais urbanas que hoxe en día seguen a se verter de xeito incotrolado, asemade de seguir sen estar finalizado o seu proxecto de dragado provocado pola constante inacción e deixadez de ambas administracións”.

A portavoz do BNG participou na manifestación-min


 

A Ría do Burgo segue a espera de que se afronte a súa limpeza