Unidas Podemos | nota de prensa

Sande comprométese a abrir o Parque do Agra para uso cidadán

O candidato plantexa unha reducción significativa da edificabilidade prevista no planeamento, nun dos barrios con maior densidade de poboación da Coruña

Proporá a sinatura dun convenio co MITECO para poder empregar o Observatorio como equipamento cidadá

Sande comprométese a abrir o Parque do Agra para uso cidadán
FOTO AGRA ORZAN
Carmen Armada, José Manuel Sande e a Presidenta da Asociación Veciñal Agra

A Coruña. 29 de marzo de 2023. O candidato de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde á alcaldía da Coruña, José Manuel Sande, comprometeuse a abrir o Parque do Agra para o uso e disfrute público, logo de varios anos sen avanzo algún nesta reivindicación histórica da veciñanza.

Sande tamén plantexou un segundo compromiso ao respecto da zona, que é a sinatura dun convenio que posibilite o traslado do Instituto Meteorolóxico a unha zona más adecuada, puidendo recuperar as súas instalacións como un novo equipamento cívico que complemente o parque.

A dobre proposta viría acompañada dunha reducción significativa da edificabilidade no barrio, xa que é un dos que ten maior densidade de poboación e merece ter espazos verdes sen un urbanismo depredador.

O candidato visitou a zona xunto ao colectivo veciñal que suma anos de reivindicacións polo Parque do Agra e a súa accesibilidade, e comprometeuse a recuperar e protexer o camiño do Pinar e as súas edificacións, recoñecéndoas no planeamento municipal.

Sande comprométese a abrir o Parque do Agra para uso cidadán