Vivenda

Stop Desafiuzamentos coordina protestas en Ferrol e Coruña contra a ameaza dun despexo

Os activistas mantiveron as accións na rúa despois de iniciar as negociacións co banco.

Stop Desafiuzamentos coordina protestas en Ferrol e Coruña contra a ameaza dun despexo
Protesta en Ferrol
Protesta en Ferrol esta mañá.

Stop Desafiuzamentos continuou esta mañá as súas accións de protesta contra a ameaza dun despexo dunha familia na área da Coruña. Despois da protesta da semana pasada diante da oficina do Banco Popular no Obelisco, a entidade bancaria decidiu negociar cos propietarios. Adiouse a data do despexo, previsto en principio para este venres día 9 de xuño. Porén, os activistas aseguran que as negociacións non avanzaron e por iso mantiveron o calendario de accións. A protesta chegou até Ferrol, onte a asemblea local de Stop Desafiuzamentos, moi activa nos últimos meses, tamén saíu a rúa -diante dunha oficina do Pastor- para denunciar a política do Banco Popular no caso da Coruña.


 

Stop Desafiuzamentos coordina protestas en Ferrol e Coruña contra a ameaza dun despexo