Corenta anos das eleccións do 77

Está rematada a Transición da ditadura á democracia?

Axenda social

Está rematada a Transición da ditadura á democracia?
Festa do PCE en Madrid durante os primeiros anos da democracia
Festa do PCE en Madrid durante os primeiros anos da democracia.

O Foro Cívico reúne este xoves día 15 a varios candidatos que encabezaron as listas das súas respectivas formacións pola Coruña nas primeiras eleccións tralo franquismo.

“O 15 de xuño de 1977 había gañas de participar en política despois dunha longa noite de pedra e a media da participación en todo o Estado foi dun 78,89%, aínda que en Ourense só votaron o 47%”, recorda o Foro no programa da convocatoria antes de lanzar unha pregunta ben suxerente: “Está rematada a Transición da ditadura á democracia?”.

Sobre aquelas eleccións e a Transición, falarán Meilñan Gil (que liderara a lista da UCD), Carlos Echevarría (PSP), Elvira Souto (UPG-ANPG) e García Agudín (Federación da Democracia Cristiá). Tamén haberá outros es candidatos convidados, e o propio moderador, Manuel Monge, encabezara daquela a lista da ORT.

Onde

Salón de actos da ONCE, no Cantón Grande.

Cando

Xoves, 15 de xuño

Horario

19.30 horas

Organiza

Foro Cívico


 

Está rematada a Transición da ditadura á democracia?