Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
Inauguración da iluminación do Memorial de Oza

· O mércores 9 de Marzo no Muelle de Oza terá lugar o acto de inauguración da iluminación do Memorial.
Antecedentes
Moitas foran as fugas por mar, que dende portos como o de Oza partiron para incorporarse á loita pola República. E, en especial, a aqueles que, como José Moreno Torres e os homes da lancha “La Libertaria“, eran membros do alto mando do Batallón "Galicia" en Asturias e foron asasinados cando retornaban a Galiza en outubro de 1937.
O Memorial lémbraos neste ano do 85 aniversario do asasinato de José Moreno e catorce milicianos do Batallón Galicia no alto do Acevo (A Fonsagrada) e os 15 anos da exhumación dos seus corpos pola Asociación da Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).
Aqueles combatentes pola libertade xa teñen na Fonsagrada, un memorial onde morreron, e tamén na cidade da Coruña onde boa parte deles naceron.
A placa leva a seguinte lenda:
Dende este porto sairon homes arreo para loitar pola libertade e contra a dictadura.
En homenaxe aos que nunca puideron voltar a casa.
A José Moreno Torres (A Coruña, 1904-O Acevo, 1937) e os combatentes do Batallón "Galicia"
ARMH
Inauguración da iluminación do Memorial de Oza
En homenaxe a José Moreno Torres e todos os que loitaron por causa xustas
- Mércores 9 de marzo ás 19.30h
- Lugar: muelle de Oza
- Participan:
Juan Manuel Diaz Villoslada (concelleiro de Urbanismo Concello da Coruña),
Olga Mahía, Asociación de Vecinos de Oza Gaiteira Os Castros,
Carmen G-Rodeja (Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica ARMH)
Organizado polo Concello da Coruña e a ARMH coa colaboración da Asociación veciñal Oza Gaiteria Os Castros